Friday 03 de May de 2024

O Concello de Bergondo propoñerá en pleno aprobar definitivamente o seu inventario de bens


● Tras estar exposto a exposición pública, tramitáronse 28 alegacións.

● O obxectivo deste documento, no que tamén se catalogaron os camiños, é mellorar e axilizar o traballo administrativo.

O Concello de Bergondo levará a pleno este xoves, 26 de maio, unha proposta para a aprobación definitiva do Inventario de Bens municipal, que chega a este punto tras estar exposto a exposición pública co obxectivo de que as persoas interesadas realizarán as súas alegacións.

Tras este período tramitáronse 28 alegacións. Se a corporación municipal aproba a proposta, o seguinte paso será notificar individualmente ás persoas interesadas e, posteriormente, remitir unha copia do Inventario á administración estatal e da comunidade autónoma.

O obxectivo deste documento, no que tamén se catalogaron os camiños, é que funcione como unha ferramenta que permita mellorar e axilizar o traballo administrativo, resolvendo rapidamente algúns dos problemas que se presentaban actualmente a efectos de outorgar licenzas e certificar que os traballos se fan en camiño público.

Desde o goberno local explican que “se tentou crear un catálogo o máis completo e exacto posible” pero tamén son conscientes de que “é moi probable que quedasen cuestións particulares sen recoller” polo que lembran que “este é un documento vivo que, como viña facendo, debe ser actualizado anualmente”.